Esta rapaza é Xoana Álvarez Martín, ilustradora de Plof. Historia dun globo de Contos estraños, unha persoa fantástica e con moito talento. Mágoa que non puidese estar Jara Zambrano, que foi quen fixo a portada do meu libro. Neste blog, seguro que vos dariades de conta, poderedes admira-lo seu traballo ó grande, pois o debuxo de fondo do blog é dela.
¿Prestádevos as miñas costas? Están moi ben, ¿vai que non minto? A verdade é que non me gusta saír nas fotos, así que xa sabedes, poderédesme recoñecer polas costas. As costas que están á miña dereita son as de Rodrigo Vizcaíno, da editorial Urco.
Como podedes comprobar son unha persoa orixinal, puxen as fotos en orde inverso. Esta corresponde ó comezo da presentación do libro, cando estaba practicamente soa coa xente da libraría e con dous amigos meus de Santiago, ó marido non se lle ve, pero a miña amiga Amelia é esa muller sorrindo no fondo e con gafas.