Personaxes

Sen Nome: Rapaz de Coruña protagonista da novela, entra por un sumidoiro da Cidade Vella e accede, por mor dunha porta máxica, a un mundo fantástico.

Gapsiquianos: Habitantes de Gapsiq, hai unha morea de pobos que viven neste mundo agochado noutra dimensión: druigras, nioscorunis, animais faladoiros (como os dos mundos subterráneos). E tamén personaxes que semellan xurdidos dun conto de fadas (o dragón Melquisedec, Reypeq, o ogro Zaquid, os ananos,...)

  • Druigras: Homes e mulleres sabios de Gapsiq, dedican a súa vida a comprender ós outros pobos, xa sexan de Gapsiq ou dos que viven Arriba, que é como estes seres chaman ó mundo de onde procede Sen Nome. Entre eles podemos destacar ós seguintes:
  1. Ardigas: Gran Druigra Onírico
  2. Atlaui: Druigra da Túnica Onírica
  3. Benikec: Druigra da Esfinxe do Maestro Supremo
  4. Cahopep: Druigra dos Factores Físicos e Bioenerxéticos
  5. Xedeón: Gran Druigra Antigo
  6. Hércules: Druigra dos Pobos do Mar
  7. Krunac: Druigra da Espiral
  • Nioscorunis: Cabalos alados coa pel a dúas cores, branca e negra, e disposta como se foxe un taboleiro de xadrez. O seu xefe chámase Hipocampus. Dous destes seres, Persus e Perixe, axudarán a Sen Nome e Brains a resolver algúns dos atrancos cos que se atopan ámbolos dous mozos no seu percorrido por Gapsiq na procura da solución do Enigma dos Nove Sepulcros.
  • Habitantes dos Mundos Subterráneos: Debaixo do país dos Nioscorunis viven unha chea de seres, cadanseu co seu espazo ben definido e xerarquizado. O pobo que se atopa máis preto da superficie, onde viven os cabalos alados, é o encargado do Tempo, quen coida de que as tres lúas de Gapsiq saían no momento preciso. No momento en que Sen Nome e Brains, acompañados por Perixe e Persus, acceden ó nivel máis alto dos mundos subterráneos, por mor dun remuíño de auga, son os osos e o seu líder chámase Gambleid. Pero aquí abaixo viven outros seres ademais dos osos, como son:
  1.  Oiraz: a súa líder é Xinteic
  2. Toben:  a súa  líder é Bardeic
  3. Colon: a súa  líder é Hiseic
  4. Semve: o seu líder é Rableid
  5. Peave:  a súa  líder é Yeneic
  6. Irlon: o seu líder é Zurbleid
  7. Inmoi: o seu líder é Corneid
  8. Sema:  a súa  líder é Dasneic
  • Outros personaxes: No seu percorrido polos distintos niveis e mundos que conforman Gapsiq Sen Nome e Brains atoparán seres que os axudarán no seu labor, iso si, a cambio de que pasen unha serie de probas, a meirande parte delas a resolución dunhas adiviñas, como sucede cando topan co Mago Tolo, Oñimoh e Añirodna, a esfinxe; noutras ocasión é unha proba de enxeño, como sucede co dragón Melquisedec, a Caveira do Futuro, o Minotauro, a Ponte Faladora ou os ananos. 

No hay comentarios: